Cara a cara #173: Manuel Pena, FICBUEU
Mér | 21:00 | 21:24
Este venres 6 de setembro arrinca a duodécima edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu e prolongarase ata o 14. Co director deste evento, Manuel Pena, charlamos para coñecer que trae para esta ocasión. O FICBUEU é sobre todo cinema, pero non o único. É unha cita cultural que durante nove días irá ofrecendo un total de 65 actividades e que mantendo tan só a cifra de persoas participantes na última edición, serán ao redor de dezaseis mil.