Rumboia #81: Real Coro Toxos e Froles de Ferrol

Rumboia #81: Real Coro Toxos e Froles de Ferrol

Mar | 20:30 | 20:41

Con motivo do seu centenario o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol gravou un disco con temas do seu repertorio tradicional. Este é o coro decano dos coros históricos galegos e que, a día de hoxe, manten a súa actividade cunha formación practicamente similar á da súa formación orixinal no ano 1914. A presentación pública do coro Toxos e Froles faise no Teatro Jofre de Ferrol un sábado, o 29 de maio de 1915. A primeira bandeira do coro foi conseguida por subscrición popular e entregada polo poeta ourensán Antonio Rey Soto, representante das Irmandades da Fala. Naqueles tempos os lazos de amizade entre as irmandades e as agrupacións artísticas era moi forte. O papel de Toxos e Froles na fundación da Irmandade da fala de Ferrol en 1918 foi crucial.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar