Rumboia #77: Ruote

Rumboia #77: Ruote

Mar | 20:30 | 20:43

No ano 2001, o quinteto de recompiladores de música tradicional Ruote edita, en edicións do Cumio, o disco 'Nin Canto, nin tampouco'.  Amósanos neste traballo de impecable feitura un amplo abano de feitos musicais de tradición. Liderados por Pablo Díaz e Olga Kirk, Ruote deixounos neste traballo discográfico un variado percorrido por temas tradicionais de diferentes estilos, un auténtico recopilatorio da riqueza da música na Galiza. Moitos dos temas incluidos nesta gravación son a reprodución de pezas recollidas a músicos populares que, en diferentes partes do país, toca instrumentos tan diversos como o acordeón a gaita, ou temas recollidos a cantadoras e cantadores.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar