
Sangre Fucsia #190
Lun | 19:00 | 19:54
Sangre Fucsia despide a tempada cun programa dedicado ao verán e tendo moi presente o 50 aniversario das revoltas de Stonewall. Por iso, Diane relata este acontecemento a través do discurso da activista LGBT Sylvia Rivera que presenciou os feitos de primeira man. Falan tamén con algúns dos organizadores do festival galego AgroCuir e no plano da ficción traen a longametraxe arxentina "O último verán da boyita", unha historia sobre a transformación dos corpos na preadolescencia e a amizade verdadeira. Para terminar lembran aquel verán do 99, do que xa pasaron 20 anos...