El club de la esquina #70
Xov | 22:00 | 22:57
Coa entrada nunha nova década, 1960, chegaban a España os primeiros sons do rock and roll en español a través de grupos latinoamericanos como Los Llopis ou os Teen Tops. Tamén desde aquel continente, concretamente desde Arxentina viña a España Alberto Cortez, triunfando coa canción 'Las Palmeras'. En canto aos nomes propios de aquí, chegou o primeiro gran éxito do Dúo Dinamico: 'Quince años tiene mi amor'.
Falamos dun cambio de década, pero quen mantiña o seu éxito imparable era Elvis Presley. Baseado no rock and roll aparecía un novo estilo musical, o twist, que popularizou Chubby Checker. Outro éxito daquel ano era o Only the lonely' de Roy Orbison.