A gruta de Gizamaluke #26

A gruta de Gizamaluke #26

Lun | 22:00 | 23:35

Carlos Pereiro, xestor da revista Morcego, analiza esta semana  'A Plague Tale: Innocence'. Un videoxogo de lóxica, acción e aventura. E Google fai dobrete nos titulares tecnolóxicos máis recentes. Neste caso porque é o xigante ao que queren facer fronte Microsoft Sony na industria dos videoxogos en streaming. Así, ante a presenza de Stadia, ambas as compañías anunciaron a súa alianza nese terreo; iso si, só para xogos na nube. É a cuestión sobre a que esta semana debaten Charlie Pereiro e Juan Sanmartín.

Ademais, a actualidade do mundo gamer vén con numerosas referencias, por exemplo: este mesmo martes 21 de maio Phoenix Labs cumpre a súa promesa de lanzar 'Dauntless'. Tamén desde este martes e ata o día 28, podes probar gratis 'Overwatch' con motivo do seu terceiro aniversario. Estas e máis cousas están na sección Que pasa no mundo?

A gruta de Gizamaluke

Luns ás 22:00 horas

 Podcast en galego sobre videoxogos.

Fechar