Rumboia #68: Faltriqueira

Rumboia #68: Faltriqueira

Mar | 20:30 | 20:41

O seu primeiro traballo discográfico, Faltriqueira, editouse en 2002. Este disco é para estas cantareiras-pandeireteiras, o resultado dunha intensa traxectoria que comezou na Asociación folklórica e cultural Orballo de Pontedeume, onde as rapazas se iniciaron no mundo da tradición e onde acadaron as pautas precisas para facerse cunha sólida disciplina de grupo. O grupo Faltriqueira componse de voces femininas que tenden pontes entre a música tradicional galega e a música tradicional portuguesa. 'Efffecto Faltriqueira' é o seu segundo disco, editado en maio de 2006. O principio básico do grupo é a música tradicional, pero nas case dúas décadas de existencia, foron moi diversos os proxectos nos que participaron. As catro cantareiras teñen presentes os autores que -ao seu entender- xogaron un papel importante ao longo da historia musical.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar