A gruta de Gizamaluke #21

A gruta de Gizamaluke #21

Lun | 22:00 | 22:31

A Star Wars Celebration 2019 que acaba de celebrarse en Chicago foi o emprazamento no que se puideron ver as primeiras imágentes do videoxogo de Star Wars 'Jedi Fallen Order'. Será en novembro de mans de Electronic Arts e Respawn Entertainment. Queres saber máis?, fácil, escóitache esta edición de 'A gruta de Gizamaluke' que se penetra nesta saga.

Ademais, sen descanso vacacional, Carlos PereiroSara Orozco e Juan Sanmartín repasan 'Que pasa no mundo?', o de videoxogo, por suposto. Por exemplo a chegada a PC de 'Octopath Traveler'. Detalles sobre outro lanzamento para este ano como será 'Borderlands 3' o prezo que alcanzou en eBay un prototipo de Akira para Game Boy ou as máis de dous millóns de copias que 'Sekiro: Shadows Die Twice' vendeu en dez días.

E para completar a xogada desta semana, debate en modo multijugador sobre Epic Games: cal é o seu respaldo económico?, os videoxogos que lle están reportando tanto ingresos, a exclusividade de títulos que dispón como Control ( Remedy),  Borderlands 3 (Geerbox),  Thee  Outer  Worlds (Obsidian) e doutras referencias que van saír tamén en exclusiva baixo o paraugas de  Epic  Games.

A gruta de Gizamaluke

Luns ás 22:00 horas

 Podcast en galego sobre videoxogos.

Fechar