Rumboia #60: A Cada Canto

Rumboia #60: A Cada Canto

Mar | 20:00 | 20:11

Esta formación que xuntara a Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero despediuse, despois de ter gravado dous discos e presentado a súa música en multitude de concertos ao vivo, aló polo verán do ano 2015. Como unha “unión de traballo temporal” se definían alá por xuño de 2012 cando A Cada Canto presentaba o seu primeiro disco, un proxecto musical que xuntaba a catro grandes músicos que tiñan participado de maneira combinada nas máis interesantes propostas do país. O primeiro disco foi unha grande sorpresa musical, con temas de grande suceso como o xa popular “Teu nome por mar e terra” que rebentou a rede cando o videoclip se comezou a expandir polas distintas canles. O seu segundo disco, a súa particular visión sonora de Rosalía, en “A Rosa d´Adina” musicaban seis poemas da autora.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar