A gruta de Gizamaluke #15

A gruta de Gizamaluke #15

Lun | 22:00 | 23:15

A gruta de Gizamaluke abre micrófonos nesta edición á Asociación RetroGalaicos, un colectivo de ámbito galego que xurdiu en 2015 cun grupo de entusiastas dos sistemas retros de lecer electrónico, que de cando en vez se reunían e quixeron dar maior amplitude e actividade á iniciativa. Andrés de Pedro, o seu presidente charla con Carlos Pereiro.

No podcast desta semana, por suposto, non faltan Sara Orozco e Juan Sanmartín que xunto a Carlos Pereiro van deixando pílulas de actualidade sobre o mundo ' gamer' e do videoxogo; así como o seu debate semanal que esta vez leva un nome sobradamente coñecido: Pokémon.

A gruta de Gizamaluke

Luns ás 22:00 horas

 Podcast en galego sobre videoxogos.

Fechar