
Sangre Fucsia #178
Lun | 19:00 | 20:05
Considérase bebida espirituosa a aquelas bebidas con contido alcohólico procedentes da destilación de materias primas agrícolas (uva, cereais, froitos secos, remolacha, cana, froita, etc.). Trátase, así, de produtos como o brandy, o whisky, o ron, a xenebra, o vodka, ou os licores, entre outros.
Sangre Fucsia quixo debater por extenso sobre produción e consumo de bebidas alcohólicas, e onde se atopan as mulleres nese mapa. Contan no estudo con voces que explicarán como é estar imbuídas na produción cervexeira desde a perspectiva artesanal: Jes e Ainara, de Cervexeira Libre, e Rosa Matías (90 Varas), que tamén nos comentará sobre as redes creadas (neste caso, as señoras cervexeiras atópanse na ‘Pink Boots Society’).
A herstory demostrativa nesta ocasión, sobre a relación entre lúpulo e mulleres desde Mesopotamia ata o Medievo, e innovaciónes técnicas como as que adiantou no XIX ‘a gran dama do champagne’, Madame Clicquot. Co Observatorio Español das Drogas e as Adiccións e da Asociación de Mulleres amantes da cultura do viño ( AMAVI), desbaratan uns cuantos estereotipos sobre consumo de alcol, codificación de usos e costumes, e asignacións de xénero.
PLAYLIST: Kumbia Queers – La Cantinera; Los Punsetes – Opinión de mierda; Two Nice Girls – I Spent My Last Ten Dollars (On Birth Control and Beer); Nina Simone – Gimme A Pigfoot (And A Bottle Of Beer); Chavela Vargas – El Ultimo Trago ; Ma Rainey – Blues and Booze.