
A gruta de Gizamaluke #11
Lun | 22:00 | 23:11
Tras quince anos de espera, este martes 29 de xaneiro xa está á venda 'Kingdom Hearts 3', o esperado final da triloxía chega para PlayStation 4 e Xbox One. Hai diferentes edicións e versións que Carlos Pereiro e Sara Orozco contan no podcast de 'A gruta de Gizamaluke' con recomendacións mesmo sobre onde compralas con algúns descontos.
Esa saída ao mercado do videoxogo é unha das noticias que traen á habitual sección de 'Que pasa non mundo'. Pero non é o único título que merece o seu tempo no programa de PontevedraViva Radio. A readaptación, o remake de 'Resident Evil 2' tamén se merece o seu tempo de análise.
Tampouco falta unha selección musical, que esta vez recae na banda sonora de 'Maximum Overdrive'. E para completar este programa semanal, Carlos e Sara fixeron unha revisión dos mellores remakes da historia dos videoxogos.