Rumboia #52: Veria

Rumboia #52: Veria

Mar | 20:00 | 20:11

O grupo de Veria, de Cospeito (Lugo), gravou o seu único disco no ano 2006,  'Para botar un pé' recolle pezas que tocaba 'Alegría de Muimenta', cuarteto que estivo en activo entre os anos 1946 e 1962, amenizando bailes de salón e romarías da Terra Chá e arredores. Tamén se recolleron pezas de Antonio da Ermitas, gaiteiro de Pino, e trovas de Antonio Camba e Josefa da Fraga. No repertorio tamén teñen cabida composicións dos membros do grupo e temas tradicionais.

O grupo formouse no ano 2002 en Cospeito. Veria é un dos nomes cos que é coñecida a lagoa que existe a carón da Feira-do-Monte, capital do Concello de Cospeito. Segundo a lenda, hai moitos anos pasou por alí a Virxe María e os 'valuros', habitantes daquel pobo, non lle quixeron dar pousada. A Virxe asulagou a vila, dando orixe á lagoa actual, hoxe habitada por lavancos, garzas e outras aves de zonas húmidas.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar