
Sangre Fucsia #171
Lun | 19:00 | 20:09
Vivimos nunha contorna infestada de barreiras: físicas, sensoriais e intelectuais, pero tamén legais, sociais e culturais. E non tería por que ser así. A tecnoloxía actual e todo o coñecemento que temos acumulado permitirían facer do mundo un lugar do que ninguén é excluído. A accesibilidade universal pode definirse como o grao no que todas as persoas poden utilizar un obxecto, visitar un lugar ou acceder a un servizo, independentemente das súas capacidades técnicas, cognitivas ou físicas. Hoxe dedicamos o programa para reflexionar ao redor deste concepto.