Pontevedra ten un puntazo #14: Voltar a Ítaca

Pontevedra ten un puntazo #14: Voltar a Ítaca

Ven | 13:00 | 13:09

Alba Sotelo é unha fotoxornalista bueuense que forma parte das empresas e autónomos do ámbito creativo participantes no proxecto municipal Pontevedra ten un  puntazo. Unha iniciativa da que apunta a súa importancia como punto de encontro entre emprendedores, a visibilidade que proporciona, así como o compoñente  formador do mesmo.

Alba Sotelo actualmente expón no Pazo da Cultura ata o 18 de novembro 'Voltar a Ítaca', onde reivindica a mar, o seu mar, a vinculación persoal e profesional co océano. Propón ademais unha mostra innovadora no sentido de buscar unha comunicación  bidireccional co público que asiste á exposición. 

Pontevedra ten un puntazo

Venres ás 13.00 horas

Pontevedra ten un puntazo é un proxecto do Concello de Pontevedra que dá visibilidade e interconecta as iniciativas empresariais innovadoras da cidade

RADIO.- O fotoxornalismo tamén ten un puntazo

Por |

Alba Sotelo expón ata o 18 de novembro no Pazo da Cultura a mostra 'Voltar a Ítaca'. A fotoxornalista fala en PontevedraViva Radio deste proxecto profesional, así como da súa participación na iniciativa municipal Pontevedra ten un Puntazo

Fechar