
Sangre Fucsia #170
Lun | 19:00 | 20:01
Botánica: persoa feminina científica que se dedica ou ten amplos coñecementos sobre o reino vexetal. No programa de hoxe, 'Sangre Fucsia' mostra a historia esquecida dalgunhas pioneiras desta ciencia, como Anna Atkins, Jeanne Baret ou Blanca Catalán de Ocón. Recupera tamén a vida e obra da pintora aragonesa María Luisa de la Riva, esepcializada no deostado xénero de flores. Na ficción, repaso de 'El Olivo' dirixida por Icíar Bollaín e protagonizada por Anna Castillo, e para finalizar o paseo polo reino vexetal: o herbario da poeta Emily Dickinson.