
Sangre Fucsia #168
Lun | 19:00 | 20:22
No primeiro programa da tempada hai entrevista con Dani e Alejandro, dous dos impulsores do Outubro trans en Madrid. Viaxe a Escocia, a Xapón e a Perú para atopar as deidades femininas do equinoccio de outono e falar das súas conexións coas colleitas e os ciclos da terra.
Volta á herstory conmemorando o Día da Resistencia Indíxena (12 de outubro) a través da loita de heroínas aymaras e quechuas como Bartolina Sisa, Gregoria Apaza e Micaela Bastidas. A Rusia do 1917 leva a Sangre Fucsia a falar de Anastasia Romanov, a filla do último tsar, da súa historia e os mitos que a rodean. E peche con "De aquí á eternidade: Unha volta ao mundo en busca da boa morte" de Caitlin Doughty.