Rumboia #33: Aliboria

Rumboia #33: Aliboria

Mar | 20:00 | 20:09

Aliboria é un colectivo de nov@s músic@s galeg@s, dirixidos por Xosé Lois Romero, que reinventan os cantos e os ritmos da Galiza. Conxuntando as potentes voces das súas cantantes cuns novos arranxos para percusión tradicional cheos de forza, raza e terra. Aliboria representa unha nova xeración de músic@s cun coñecemento profundo do seu folclore e cunha gran calidade técnica. Bombos, pandeiros, pandeiras, tixolas, tarrañolas, cunchas, pandeiretas, latas, tambores, sachos, perfectamente conxunguidos cos cantos, os aturuxos, os bailes e a diversión.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar