
Sangre Fucsia: Radioteatro 'Las hijas de Egalia'
Lun | 19:00 | 19:20
“Las Hijas de Egalia” é unha novela de ciencia ficción distópica publicada por Gerd Bratenberg en 1977. O guión, a adaptación sonora e a produción son traballo de Sangue Fucsia. Sen elas, este radioteatro sería imposible (sobre todo porque nos embarcamos a facer unha ficción con MOITAS voces masculinas).
Neste relato, adaptado a este formato radiofónico, as mulleres exercen o matriarcado nunha sociedade ao estilo 'o mundo ao revés' onde os homes acicálanse para elas, coidan da casa e deben acollerse á protección das súas mulleres para poder ter un sitio na sociedade. As escenas, nun principio, cáusannos risa pola comicidade de ver o investimento de roles tan calcada pero pronto nos atoparemos fronte ao espello que reflicte o patriarcado nas estruturas e nos detalles do día a día que producen a opresión.
¿Listxs para viaxar a Egalia?