Rumboia #30: Donicelas

Rumboia #30: Donicelas

Mar | 20:00 | 20:08

Donicelas nace no 1992 no CEP Altamira (Salceda de Caselas), como continuación dunha actividade escolar posta en marcha no colexio por Antón López, integrante de Treixadura. Foi aló onde un grupo de raparigas comezou a fedellar en ferreñas, melodías e ritmos tradicionais e aquilo foi o xermolo do que despois sería Donicleas. Houbo que agardar até o 2005 para que Donicelas publicaren o seu primeiro disco, Que nunca fora abalada (Edisco, 2005), no que reflectiron a que hoxe é –aínda- a súa liña mestra. Melodías tradicionais, moitísima importancia para a parte vocal, coas pandereteiras como eixo sobre o que pivota toda a música do grupo, na altura formado só por elas. No ano 2016 presentan o seu novo disco, homónimo, con nova formación, na que inclúen agora gaita e acordeón de xeito permanente, mais continuando cunha proposta baseada na parte vocal, con melodías maioritariamente tradicionais.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar