
Sangre Fucsia #166
Lun | 19:00 | 20:10
Neste programa dedicado ao deporte reina entrevistamos a Verónica 'Vero' Boquete. A que fora capitá da Selección dános a súa opinión do estado actual no que se atopa o fútbol feminino no Estado español, e que papel correspóndenos a nós xogar. Coñecemos tamén a nosa herstory futboleira –desde principios do pasado século XX ata finais dos noventa– e falamos da necesidade urxente de mellorar as condicións laborais delas.
Abordamos como viviamos na nosa infancia a paixón futboleira e lembramos tamén a todos e todas as futbolistas que se atreveron a saír do armario. Nesta liña, a do recoñecemento e procura de referentes no fútbol feminino, entrevistamos por teléfono a María Vázquez, 'a mamá dos cromos'. E non deixamos tampouco de lado o papel que xoga o publicitario na construción da épica seareira protagonizada por mulleres. Viches algún dos anuncios dos que falamos (un, dous e tres)? Comeza o partido, sobe o volume dos teus altofalantes… e mételle un golazo ao patriarcado!
A playlist do programa é: Mina – We are the champions; Las Escarlatinas – Sueño Merengue; Army of Me – Bjork; Grimes – Oblivion; Shakira – Waka Waka; Baby Blue – Soccer ball; Silvio y Sacramento – Betis; New order – World in Motion.