
Sangre Fucsia #162
Lun | 19:00 | 20:16
Falamos de fotógrafas. Do milagre da imaxe, e as súas executoras, comezando por unha autora de aquí, a fotógrafa Ana Palacios, que documentou coa súa cámara os refuxios de albinos en Tanzania e a loita contra o cancro de pel, o día a día do Burundi en reconstrución tras a guerra ou as diferentes saídas e recuperación de nenas e nenos escravos no África do Oeste.
Viaxamos a principios de século para dilucidar o misterio das fadas fotografadas por dúas nenas, Frances e Elsie, o verán de 1917, a mesma imaxe que obsesionou ao creador de Sherlock Holmes, Arthur Conan Doyle. Traémosvos algunhas das miradas oblicuas máis interesantes do pasado século XX; fotógrafas como Diane Arbus, Berenice Abbott e Vivian Maier para reafirmarnos naquilo de "Eu son a cámara".
E, nestas, mergullámonos na aventura revolucionaria da vida e obra, da fotografía, de Tina Modotti. Queres máis? Pois hai máis. No noso Sangue Fucsia dedicado á imaxe fotográfica traémosvos ás mulleres que se encargan da calidade da imaxe cinematográfica, as directoras de fotografía