La Cafetera 24mai2018
Xov | 08:30 | 09:53
José Coy, membro das Marchas contra a Precariedade, sinalou a necesidade de “empoderarse” fronte á precariedade da que non se libra “ningún sector”. Así o afirmou en 'La Cafetera' de radiocable.com, onde insistiu en que “a precariedade se ha instalado de tal maneira que afecta a todas as idades, territorios e sectores” e que, por tanto, “non estamos a saír da crise”.
As marchas que confluirán o domingo 27 de maio pretenden “que, igual que se rescatan autoestradas e bancos, tamén se rescate a persoas”. E “que se definan as relacións laborais baseadas nos dereitos e a dignidade das persoas”. Xa que, dixo: “Hai unha relación directa entre as pensións e as baixas cotizacións dos traballadores”.