Rumboia #13: Milesios

Rumboia #13: Milesios

Mar | 20:00 | 20:11

Milesios, banda que xurde en Lugo no 2009 para pór a nota tradicional no Penela Rock de Monforte. Unidos pola súa afección ás músicas galega e irlandesa, en febreiro de 2013, editan o seu disco de estrea, Alén mar. Catro anos despois presentan o seu segundo disco, "Indo e vindo", gravado, mesturado e masterizado en Abrigueiro Estudios por Arturo Vaquero. O traballo continúa a explorar as relacións entre a música galega e irlandesa con pezas que beben de ambas tradicións e outras de composición propia.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar