
Sangre Fucsia #159
Lun | 19:00 | 20:06
Dunha forma ou outra todo o mundo recibiu algo de educación sexual. Se cadra case ninguén como lle gustase. No instituto poida que toparámonos cun manual de biologia que recomenda a estratexia ABC para evitar a transmisión de enfermidades sexuais. Na súa sigla en inglés, ABC sería algo como “abstinencia”, a “fidelidade” e, en última instancia, o uso do “preservativo”.
Hoxe en Sangue Fucsia entrevistamos a Desmontando a Pili , unha cooperativa de mulleres de Zaragoza que fomenta a sexualidade desde unha perspectiva feminista. Repasamos tamén a educación sexual retratada no cinema e televisión, desde o clásico anuncio de “poncho, ponllo” pasando por series como Sexo en Nueva York ou "Érase una vez la vida" e deténdonos en Juno, película dirixida por Jason Reitman e protagonizada por Ellen Page. Penetrámonos no espertar sexual da preadolescente Lyra Belacqua, protagonista da triloxía de Philip Pullman, "La materia oscura". Repasamos tamén os cómics recentemente publicados "El fruto prohibido", da sueca Liv Stromquist, e "Mi experiencia lesbiana", de Kabi Nagata.