
Sangre Fucsia #155
Lun | 19:00 | 20:17
No patio de colexio pasamos boa parte da xornada escolar, e entre os seus muros aprendemos a forxar as primeiras alianzas. A roda da pataca, o rescate, as palmas, o agocho inglés, a corda... centos de posibilidades ábrense nun espazo que aínda que se debuxa nas nosas mentes como algo en grao sumo inofensivo, na práctica tende a reproducir moitas das desigualdades que coexisten no exterior, e entre elas, a de xénero non é unha excepción.
No programa de hoxe entrevistamos a Marta e Irene de Pandora Mirabilia con motivo do proxecto ‘Rede de patios inclusivos e sustentables’ levado a cabo en Madrid nos colexios "La Paloma" e Santa María xunto con "Pez Arquitectos" e "Col· lectiu Punt Sis" de Barcelona. Falamos dos nosos xogos de patio, contámosvos sobre a exposición " Playgrounds: Reinventar la plaza", e traía consigo unha moi interesante reflexión entre o espazo, público e privado e falamos das cuadrillas detectivescas infantís con "Los Cinco" de Enid Blyton.