Sangre Fucsia #156
Lun | 19:00 | 20:07
Hoxe contámosvos a nosa herstory, as historias das loitas polas vidas, e non unhas vidas calquera, senón vidas que merezan a alegría ser vividas. Historias de traballo, de todo aquel traballo que permite que as vidas sigan adiante e que se cadra está á marxe do que se considera “produtivo”. Que é máis produtivo do que reproduce vidas? O salario é central no mundo capitalista, xa o sabemos, pero hai moito traballo ao redor do salario e moitas veces é invisible e non pago.
Desde a India ata Islandia, desde a pampa chilena ata Bolivia, de Zaragoza a Madrid, as protagonistas destas folgas que atravesan desde o século XIX ata os nosos días impúlsannos a marchar xuntas este próximo 8 de marzo. Hoxe imos ao pasado coa mirada cara ao futuro. Que empezo a folga fucsia!
Durante o programa, escoitas: Varias artistas- Yo por ellas, ellas por mi (canción 8M); Ajuar-Jota del patrón; Ajuar-Jota antipatriarcal: Nobleza baturra-Jota de los Sitios: Ajuar-Jota de la huelga; Ana Tijoux-Antipatriarca; Sona Mahapatra – Delhi Belly; Sherni – Hard Kaur ; Las Odio-Vitaminas; María Femcee. – Filosofia feminista; Camila Moreno (versión de Violeta Parra)-La Carta; e REYKJAVÍKURDÆTUR-Fiesta.