![Radio Escaparate #66](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/a43/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5a29aca0e2-dqcbhycumaekf2c.jpg-large.jpg)
Radio Escaparate #66
Xov | 20:00 | 21:00
Neste primeiro Escaparate de decembro nos nosos Encontros na 2ª planta viaxaremos ao lado escuro da Forza para entrevistar a Pablo José Mariño, un dos lexionarios interestelares da LEGIÓN 501 SPANISH GARRISON que a pasada semana pasaron cumprida revista á “Estrela da morte” do alumeado de Nadal de Vigo.
Na entrevista musical estarán connosco no estudio dous dos compoñentes do grupo pontevedrés THE SOUL BREAKERS. E como é costume botarémoslle un ollo á actualidade nas redes sociais nos nosos Chíos e Cancelos. Coñerecemos a opinión da xente de Pontevedra sobre as aplicacións de contactos e as novas formas de ligar; e para rematar Iván Iglesias fará unha particular versión do tema "All I want for Christmas is you" de Mariah Carey. Non volo perdades e que a forza vos acompañe neste comezo do Nadal.