Tribuna Viva
Ese sector da afición do Pontevedra CF
Ollando a diversidade de opinións que suscitou o resultado, non xa só da xunta de accionistas, senón tamén a continuidade na dirección da propia opinión desta asociación ou de calquera outra das propias peñas granates imos facer, non sabemos si pequena, pero sí unha reflexión.
Tempo antes xa do nacemento desta nova Asociación de peñas, esa que sustituiu a antiga e desaparecida, xunto con algunha que outra "cousiña", Federación de peñas, tempo antes da propia aparición de Acción Granate, tempo antes da creación de Granavedra e mesmo do seu comezo na APAG (disculpade todos que simpremente vos nomeemos sen vos consultar, pero idelo entender de seguro), pois iso, tempo antes de todo isto quen axudaba os siareiros granates, preguntamos, a resposta é ben clara, ninguén.
Bueno claro podemos falar do tema que marca a actualidade granate, o antigo mecenas dos siareiros granates, ¿alguén sabe cando foi a última vez que tal cousa fixo?, que quede ben claro que ninguén ten obriga de nada, e as axudas veñen porque a un dalle a real gana, pero que é o que nos están a empezar a vender agora, ¿a memoria histórica?, ou ¿cando foi a ultima vez que a xerente da conserveira do concello veciño ó capitalino amadriñou un desprazamento?, esta resposta é ben sinxela, encontro contra o Somozas na derradeira xornada de liga antes do play-off fai xa un par de tempadas.
Pero ¿fixo algún máis esa tempada?, non, so o fixo cando as peñas granates, sen Asociación, sen Acción, sen ninguén propuxo facer un desprazamento, e de sotaco, da nada, xurdiron autobuses cunhas grandes pegatinas que cubrían as lunas traseiras coa publicidade da citada conserveira, pero ¿despois daquilo?, ups, esfumaronse, non houbo ninguén que nin sequera collera un teléfono despois de que saira na prensa o anuncio dun desprazamento que dixera "¿precisades axuda?", non, o tempo tíñanno moi ocupado orquestando a súa xogada para o control, que non perderan pero no que toparan oposición, do clube granate.
Os únicos que puxeran do seu lado e mesmo do seu propio peto son os membros desta Asociación que lles fala, cando a situación do clube é a que é, ben sabémola todos, ¿non si?, ninguén arrimou o ombreiro o noso carón, cando os siareiros asistentes o estadio de Pasarón son unha pequena parte deses que, nesa memoría histórica, asistían as bancadas, e dicir, e sen botarnos flores, somos os de sempre, os que xamáis deixamos o equipo e o clube de lado, con sol, con chuvia, con frio, con vacacións, sen elas, sempre estivemos onde sempre quixemos estar, e iso non é outro lugar que xunto o equipo, e xunto o clube, non poderán negar que propuxemos unha e mil veces ideas para tentar arrastrar cada día a máis perdidos siareiros o baleiro estadio municipal ou a pseu-campos de diversas divisións.
Non imos entrar a valorar máis a diversidade de opinións, xa que cada un é moi libre de cismar e falar o que creé que é certo, pero ben sabemos que chegarán coma quen non quere a cousa, coma se xamáis marcharan, coma se non faiaran nun só desprazamento ponno a disposición, xa non dos siareiros, senón de calquera que se queira arrimar cando os resultados acompañan, un sín fin de autobuses para canto desprazamento pódase promagrar, a nosa tristura é que xente da cidade non vai facer distinción, que se vai subir ó carro, e benvidos serán, por suposto, sempre teremos un asento ou un anaquiño dunha bancada para que nos poidan acompañar, pero ben clariño queda e quedará que agora mesmo, nen nestes pasados meses estiveron.
Cando máis falla facía o único que falaban era sobre coma se nos ocurría seguir o lado do equipo granate cando o tachaban de banda, vagos e maleantes do futbol, e agora virán coma se nada, e repetimos, que benvidos serán, porque sempre existen certos detalles desa memoría histórica que se poden esquecer ou apartar, pero existen moitos outros que non se poden borrar de xeito tan doado, non se pode repudiar, insultar, tentar afastar ás Peñas do Pontevedra e agora tentar mercar con desprazamentos, camisolas con repetidos eslogans ou rolliños de papel hixiénicos, porque a memoria ten que ser útil, ten que ser obxetiva e ten que defender o que realmente é.
Que calquera cisme o que queira, que calquera se esqueza do que queira e que cada un viva a súa propia realidade granate, pero ben sabemos que salvo a un ou dous conselleiros, estamos e estivemos sós, que chegará o play-off e a xente acudirá en masa a cubrir as prazas deses desprazamentos gratuitos que se farán. A nosa conciencia, o noso amor polas nosas cores granates está ben tranquilo, e todo isto o esquecerán, pera da nosa memoria non se vai borrar tan doadamente, seguiremos loitando polo noso equipo, e loitando por facer desprazamentos coa mesma axuda que estamos a recibir ata o de agora, co a única axuda dos siareiros granates dos que témola tremenda sorte que formen parte dese "sector da afición granate" que son as Peñas do Pontevedra CF.
Atentamente, os de sempre.
Asociación de Peñas do Pontevedra C.F.