Tribuna Viva
Os mesmos bonecos con distinta careta no Pontevedra CF
Deixamos pasar varios días e que tamén pasara o encontro de onte, gran vitoria por certo a domicilio, non fora a ser que algunha desas moitas cabezas pensantes tacháranos de antigranates, e despois de moito masticar e tentar dixerir sen acadalo o xa tan comentado resultado da xunta de accionistas do pasado martes temos que facer un sinxelo comentario, quitando a un par de eles seguen a ser os mesmos bonecos con distinta careta, coma é posible que esas vellas pegas non deixen traballar por un futuro viable do clube a quen de verdade quere facelo, moi cansos estamos de facernos esta pregunta día a día sen topar resposta.
Agora resulta que se alguén previamente presenta un proxecto de traballo co fin de buscar solucións a este tan mermado clube non se admite non vaia a ser que se descubran cen mil texemaxes ou non vaia se-lo caso que conten coa afición para axudar e sacar adiante boas e renovadas ideas. Pero coma isto xa o temos moi repetido imos centrarnos noutro tema.
En primeiro lugar darlle, desde a Asociación de Peñas, as gracias á señora Guadalupe Murillo por facernos caso no tema da súa dimisión do consello de administración, cando fai agora xusto un mes pedímoslle que tal cousa fixera, pero non so gracias mil por semellante xesto, ja, senón tamén por esa xogada, non maestra, senón vil xogada contra a entidade granate, co motivo de ocupar tódolos asentos do consello, cando outros ían entrar e logo ir estudando o mellor xeito de que se foran ocupando eses asentos coas mellores cabezas para cada unha desas cadeiras, quen se pode chegar a creer que o señor Tilve, ese mecenas de antigos anos, que xamais quixera ocupar un asento do consello e xamais moveu un dedo sen que o indicara a señora Murillo, entraralle agora un terrible interese en ocupar asentos e nomear a conselleiros que veñen directamente da man da antiga conselleira, non se llo pode creer ninguén que tal idea saira do señor Tilve, convertido agora no maior villano contra os siareiros granates, nin queren que axudemos, nin queren que os que contaban con nós axuden.
Ben sabemos que se nos tachará de inconformistas, que dirán que cada vez que sae alguén novo para o consello sempre dicímolo mesmo, que tampouco vale, cismarán que o final somos nós os que queremos por a alguén que comulgue co noso ideal, pero ben se sabe que iso non é así, o que acontece é que estes non son novos, que son os de sempre, os mesmos que levaron o clube os límites desastrosos nos que nos atopamos, os mesmos que deixaron e defenderon ós que se creron salvadores e demostrouse que so foron títeres sen cerebro que arruinaron ainda máis á entidade granate, o peor ainda é que algúns destes pasaron a formar parte de consellos doutras disciplinas deportivas e case tiveron que sair por pés polo desastre da súa xestión.
E para non ser moito máis extensos indicar que imos seguir coa nosa liña, que non queremos saber nada deles, que non veñan agora a ofrecer o oro e o moro, que se aforren as chamadas que xa nos están a facer, non as queremos, que non quixeron axudar á afición granate xa moito antes da creación desta Asociación de Peñas, que nós defendemolo clube e defendemolo equipo con carácter totalmente altruista, que non queremos títeres de intereses partidistas, que o Pontevedra CF SAD ten que ser un trampolín pero só para xogadores e técnicos, non para pseudo-conselleiros con intereses económicos particulares o politicamente individuais, que isto señores, por moita empresa que queiran nomear, é deporte.
Así que, mil gracias por acadar unha cousa, a verdadeira unión dos siareiros granates, seguiremos loitando por defender o noso Pontevedriña dos mesmos títeres con novas caretas que nin sequera foron capaces de redactar un simple esbozo dun proxecto para poder presentalo na xunta de accionistas, as súas cabeciñas so lles dan para trampear e embaucar a grandes paquetes accionariais con sabe dios que argucias ou falsas promesas.
¿Queren chegar a apostar canto tempo tardará o señora Murillo có seu ben querido Tilve en tentar acadar a presidencia que lle negaron fai pouco tempo cando xa decía que o tiña todo feito?, claro como vai ser presidente un mestre e non toda unha conselleira dunha gran empresa, claro como vai ser, ¿verdade señor do vinteioito porcento?, que desgraza nos tocou ós granates.
Sin máis, fora xa de ironías, gracias de verdade o actual presidente granate, gracias por contar coa afición para colaborar, para aportar e para tentar sacar adiante ó clube, gracias ó conselleiro Millán por creer en nós desde o primeiro intre e gracias por nos tentar axudar. Para o actual villano granate simpremente dicirlle que non queira ser agora outra vez mecenas, que agora xa non vale, que xa non queremos máis carteis de conservas nas lunas traseiras dos autocares, que xa é tarde, que se non viñeron antes xa non veñan, non gracias.
ASOCIACIÿN DE PEÿAS DO PONTEVEDRA C.F.