E o noso, pa'cando?

29 de noviembre 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

Emulando a famosa canción de Jennifer Lopez queremos preguntarlle ao noso Goberno local (en minoría) do BNG "pa'cando?" o recoñecemento dos dereitos laborais e económicos perdidos polo persoal que presta servizo público no Concello de Pontevedra.

Emulando a famosa canción de Jennifer Lopez queremos preguntarlle ao noso Goberno local (en minoría) do BNG "pa'cando?" o recoñecemento dos dereitos laborais e económicos perdidos polo persoal que presta servizo público no Concello de Pontevedra.

Vai alá case que un cuarto de século de goberno dos mesmos e co mesmo trato cara os homes e mulleres que prestan o seu servizo para o funcionamento eficiente e eficaz desta administración pero xa estamos cansos, necesitamos saber "pa'cando?" imos falar en serio de implementar unha Relación de Postos de Traballo aprobada na Mesa Xeral de Negociación alá por 2019 pola administración e unha maioría da parte social deixando para a historia a actual do ano 1999.

"Pa'cando?" o establecemento do dereito recoñecido no TREBEP alá por 2015 a unha carreira profesional horizontal xusta; "pa'cando?" se van dimensionar correctamente os planteis de policía e bombeiros para que o servizo á cidadanía sexa realmente eficaz e se deixe de prestar vulnerando os dereitos ao descanso e á conciliación dos homes e mulleres que forman eses colectivos.

"Pa'cando?" se van eliminar os agravios comparativos entre funcionari@s na policía.

En definitiva, "pa'cando?" se vai deixar de menosprezar @s empregad@s públic@s e se vai respectar aos seu órganos de representación lexitimamente elixidos.

Estamos aquí, dispostos a negociar de xeito real, dispostos ao diálogo, dispostos a achegar propostas que melloren o fucionamento da administración pero tamén estamos aquí dispostos a tomar as rúas e facer que os políticos que ostentan o Goberno local sintan vergoña pola súa inacción en materia de persoal. O camiño que imos recorrer van decidilo eles pero o comezo deste mandato con aquel falso "borrón e conta nova" apunta a que a paz social está lonxe de acadarse.

 

Sección Sindical SPPME Concello Pontevedra