Tribuna Viva
Responsabilidades no Concello polo caso da policía á que se lle denega a compatibilidade coa arbitraxe de fútbol profesional
Chegou a hora, a nosa compañeira Iris Romero obrigada a coller a excedencia no seu posto de funcionaria para poder desenrolar a súa actividade como árbitra profesional na Primeira División da Liga de Fútbol Feminina.
Primeiro de todo queremos transmitirlle a nosa noraboa polo seu ascenso á elite do deporte español e desexarlle seguir nesa traxectoria ascendente que, de ben seguro, brindaralle a consecución de novas e mellores metas.
Sentímonos orgullosos da traxectoria da nosa compañeira e quédanos pena que teña sido a súa empresa (o Concello) a que estivo a piques de verse truncada porque, lonxe de celebrar o seu progreso na carreira deportiva, ven de denegarlle a compatibilidade do seu posto de funcionaria coa realización de esta actividade profesional privada a pesares de non ter ningún tipo de interferencia nas súas funcións nin na súa xornada laboral como servidora pública.
Por qué?, a resposta é sinxela, o Concello de Pontevedra no seu ánimo de agraviar ao colectivo policial e da man da ex-Concelleira de persoal Carmen Fouzes, o ex-Director xeral de RRHH José Manuel González Abal e o Director xeral de Seguridade Cidadá Daniel Macenlle Díaz impulsaron no ano 2022 a aprobación dunha modificación da Relación de Postos de Traballo que inclúe a Total Incompatibilidade a tódolos funcionarios policiais.
Esta modificación (aprobada cunha falsa negociación na que non se tivo en conta ningunha das achegas da parte social) veu a restar dereitos laborais e económicos á Policía Local e orixina informes xurídicos por parte do Concello que impiden a concesión da compatibilidade solicitada pola compañeira Iris deixando como única opción viable o seu pase á situación de excedencia voluntaria.
A conclusión é clara, por culpa dunha modificación da Relación de Postos de Traballo que non é firme, xa que se atopa recurrida en distintas instancias xudiciais por distintos actores, estanse a perxudicar os dereitos dos funcionarios restrinxindose en maior medida a través dun acto administrativo que é un mero instrumento técnico de ordenación do plantel aquelo que está regulado normativamente na Ley que aproba o réxime xeral de incompatibilidades, na Lei de coordinación de Policías Locais de Galicia, na Ley Orgánica de Fuerzas y Cuerpos de Seguridad e na Lei de Emprego Público de Galicia.
O actual goberno do Concello de Pontevedra e, especialmente, da man da súa Concelleira de persoal Eva Villaverde, debe adoptar medidas correctoras de xeito inmediato para solventar esta situación e que non se volva a repetir pero tamén debe esixir responsabilidades aos impulsores desta malograda modificación da Relación de Postos de Traballo e por elo esiximos o cesamento de xeito inminente do Director xeral de Seguridade Cidadá Daniel Macenlle Díaz xa que é o único actor que continúa neste intre no seu posto e é un dos principais responsables deste agravio aos funcionarios da Policía Local que supón a Total Incompatibilidade así como do incremento de xornada anual creando unha dispoñibilidade encuberta, a equiparación salarial de tódolos funcionarios de xeito que a remuneración é a mesma para quen traballa de luns a venres de mañá como os que traballan a quendas, noites, fins de semana, festivos, etc. e unha serie de despropósitos que se resumen na perda de dereitos laborais e económicos dos funcionarios.
É hora de deixarse de palabrería, de políticas de postureo que falan de igualdade, feminismo, conciliación, etc. e pasar á acción e, si tal como nos veñen anunciando, esta situación de denegar a compatibilidade a unha policía para exercer unha actividade profesional deportiva non era desexable agardamos que se actúe de inmediato cesando a un dos inductores que participou no enxendro da modificación e se articulen as medidas necesarias para a súa reparación.
E tampouco estaría fora de lugar que os outros partícipes, a ex-concelleira Carmen Fouzes e o ex-director xeral José Manuel González Abal manifestasen publicamente as súas disculpas por haber sacado adiante coa oposición de toda a parte social desta modificación da Relación de Postos de Traballo que impediu á compañeira Iris compatibilizar o seu posto de funcionaria co desenrolo da actividade privada de árbitra profesional de fútbol.
Sección do Sindicato Profesional de Policías Municipais de España (SPPME) no Concello de Pontevedra