
Tribuna Viva
Actividades lúdicas e formativas para valorizar a contorna e o medio rural
Actividades lúdicas e formativas para valorizar a contorna e o medio rural. Un proxecto que nace no 2016 co ánimo de dinamizar as relación sociais entre a poboación xove a través dunha acción de posta en valor do patrimonio natural e cultural da nosa contorna mediante a realización de actividades de sensibilización, formación , divulgación e artísticas no medio rural.
Está organizado polo COLECTIVO ESPAZO 16 e dirixido e coordinado pola arquitecta Sheila García. Financia Xunta de Galicia (Programa Iniciativa Xove)
Terá lugar os días venres 22, sábado 23 e domingo 24 de setembro en Agudelo, no Concello de Barro.
O venres 22 terá lugar a primeira das actividades. Un autocine onde se proxectará o filme "Matria" de Álvaro Gago Díaz.
O sábado realizarase a actividade de plantación de especies arbóreas e arbustivas no patio do colexio Amor Ruibal de Barro para aumentar a biodiversidade e reconectar coa natureza e, pola tarde na Escola de Agudelo, poderá visitarse unha mostra fotográfica que recolle unha escolma de imaxes das edicións anteriores do proxecto dende o 2016 ata a actualidade incluidas as edicións realizadas durante a pandemia.
Por último o domingo pola mañá terá lugar o encontro "Creando no rural. Iniciativas contra a galicia baleira" onde coñeceremos de primeira mán e da boca dos seus promotores os proxectos: "Da idea ao papel", Barullo Fanzine; "Custodia rural. Petróglifos en Perigo", de Amil sen eólicos e "Cultura de Base e territorio", de Cristina de la Torre.
Para finalizar o encontro compartiremos un aperitivo con asistentes e relatores gozando da música de Zeltia Irevire.
Todas as actividades son de balde máis é preciso inscribirse previamente.