O Padroado de San Miguel, sobre o San Migheleiro

01 de septiembre 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

Como sexa que nos últimos dias apareceu de novo un cartaz con unha convocatoria para a mesma fin de semana e polo que volvemos solicitar unha reunión para que se nos aclarase o cambio de postura e saber que dia se vai celebrar o "san migueleiro", sendo o San Miguel o domingo 1 de outubro, e tendo a danza convidada para actuar na Alameda Rosalía de Castro o sábado dia 30 de setembro as 19:30 horas

O Padroado de Mareantes de San Miguel en relación aos diferentes comunicados e noticias aparecidas nos últimos dias relativos a data de celebración do "san migheleiro" quere deixar clara a nosa posición ao respecto.

O Padroado de San Miguel e unha asociación legalmente constituída desde 1999, con rexistro na Xunta de Galicia.

A directiva do Padroado esta formada por catro membros do Ateneo Santa Cecilia que asumen a presidencia, as concelleiras de Cultura e Turismo do concello de Marín, o cura párroco de Marín, os mestres de Danza do Padroado e de “Meigas e Trasgos” e a representante do grupo Beiramar.

San Miguel é o patrón de Marín e das xentes do mar. Na súa honra os marinenses desde hai mais de 400 anos bailan unha "danza branca". A danza de espadas de San Miguel na que participan 200 danzantes, mulleres e homes.

No ano 2010 a festa de San Miguel e a Danza de Espadas foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia polas súas características únicas e diferentes de outras danzas. A data de celebración pasa a ser no domingo mais próximo ao dia 29 de setembro (San Miguel).

Pola súa antigüidade, tradicións, figuras, música., etc. forma parte do noso patrimonio cultural e así esta recoñecido en diferentes documentos históricos.

O Padroado de Mareantes de San Miguel ten a obriga e a responsabilidade de coidar, difundir e transmitir este legado cultural as novas xeracións.

Desde hai 8 anos (2015) no sábado celebramos actividades nas que se poñen en valor as danzas brancas que se conservan en Galicia convidándoas a participar da nosa festa. Este ano a convidada e a Farsa de Santa Cristina de Lavadores (Vigo)

O Padroado de San Miguel non entra en ningunha polémica nin enfrontamento coa celebración do chamado "san migheleiro", só pedimos que se respecte a nosa data para que non se vexa alterada a súa celebración.

En diversas ocasións en reunións mantidas co Concello e con unha ampla representación dos bares e hosteleiros acordouse que a celebración do "san migheleiro" non coincida na mesma fin de semana o cal beneficiaría a ambas partes.

Como sexa que nos últimos dias apareceu de novo un cartaz con unha convocatoria para a mesma fin de semana e polo que volvemos solicitar unha reunión para que se nos aclarase o cambio de postura e saber que dia se vai celebrar o "san migueleiro", sendo o San Miguel o domingo 1 de outubro, e tendo a danza convidada para actuar na Alameda Rosalía de Castro o sábado dia 30 de setembro as 19:30 horas.

Unha parte dos hosteleiros que antes apoiaran a celebración para o sábado dia 23 de setembro agora sumáronse aos que a última hora decidiron celebrala o sábado 30. Con todo o que iso conleva para que os nosos actos se poidan celebrar con a debida brillantez.

Diante de esta situación vémonos na obriga de sacar este comunicado e advertindo que é posible que non se poidan celebrar unha parte dos actos de San Miguel nin da Danza de Espadas cos prexuízos que iso ocasiona para as posibilidades de que sexa declarada festa de interese turístico español. Ademais de que os bares perdan unha fin de semana de actividade cando podían desfrutar de dúas. A do 23 "san migheleiro" e a do 30 San Miguel.

Desde o Padroado de San Miguel agardamos que nos vindeiros anos non se volva a repetir esta situación que non beneficia a ninguén e se poidan levar a cabo en dúas fins de semana consecutivas

 

Asinado: O Padroado de Mareantes de San Miguel.