Choven contedores en Marín

25 de mayo 2023
Actualizada: 18 de junio 2024

Este é un bando , da Xunta de Gobierno Advìrtese aos vecinos, o refugio do auditorio asolágase coa pleamar, operativo coa baixamar

Este é un bando,
da Xunta de Goberno
Advìrtese aos vecinos,
o refuxio do auditorio
asolágase coa pleamar,
operativo coa baixamar.
Maiday, maiday, maiday
choven contedores en Marin.
As chalanas afectadas ,
serån incineradas,
na praia de Estribela,
na fogueira de San Xoan.
Maiday, maiday, maiday
choven contedores en Marin.
Non leven os feridos,
ao hospital militar,
foi transformado,
en hotel de militares.
Maiday, maiday, maiday
choven contedores en Marin.

En diferido, o mar,
poderas mirar,
nas pantallas instaladas,
nos contedores escollidos.
Maiday. maiday, maiday
choven contedores en Marin

E viva o goberno,
os nosos gobernantes,
coidarán dos nosos,
fillos e maiores.

Maiday, maiday, maiday
Marin, Marin, Marin
Lonxitude 8°41"59 Oeste
Latitude 42°23"29 Norte
Choven contedores en Marin.

 

 

Miguel Anxo González-Anleo Arroyo