
Tribuna Viva
En defensa do noso patrimonio mariñeiro
Marín foi unha importante vila mariñeira ao longo da súa historia. Co paso do tempo fomos perdendo moitos dos elementos que nos falaban dese pasado, dende a lonxa ata as máis de 20 fábricas de salazón e conserva que tivemos. É fundamental non seguir perdendo a nosa identidade e por ese motivo e importante a conservación e posta en valor da dársena de embarcacións menores que existe entre a escola naval e o peirao Alcalde Blanco ao considerar que é un dos poucos elementos que ainda pervive do Marín mariñeiro e que representa, polo tanto, unha parte moi importante da nosa historia.
A A.C. por un Museo do Mar de Marín, Grupo Cultural Ronsel, A. Pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, Ateneo Santa Cecilia e APDR (A. Pola Defensa da Ría) convidan a todas a entidades e veciñas e veciños este venres 17 ás 20.00 horas na Biblioteca Pública Municiapal de Marín a prol da nosa cultura mariñeira.
A.C. por un Museo do Mar de Marín.