Tribuna Viva
A Asociación Veciñal Breogán dá o seu apoio á comunidade educativa do CEIP O Piñeiriño
Dende a asociación do barrio do Piñeiriño apoiamos a petición da comunidade escolar do centro para que se reabra a porta de entrada da rúa Pedrido Morla. Unha demanda que está sobre a mesa dende setembro que, según a comunidade, mellora o acceso e a seguridade do alumnado. "Non entendemos que o Goberno Local se escude nun informe cando o que debería facer é dar solucións, estamos a falar da seguridade das nosas nenas e nenos".
Durante a pandemia, cortábase o tráfico para que o alumnado puidese saír e entrar con seguridade. "Demostrouse que con esforzo e planificación foi posible. Se fan falta efectivos que complementen coa Protección Civil, por exemplo".
Igualmente entendemos que isto non é máis que un parche. A zona é perigosa, demandamos unhas beirarúas en condicións. Centos de nenos acceden ao colexio e ás instalacións deportivas de Fontercarmoa pola costa da rúa Adolfo Pedrido Morla tódalas semanas. Entendemos que leva tempo dado que implica facer un retranqueo do muro tanto nas instalacións do colexio como na parcela colindante que está entre o CEIP e as instalacións deportivas. Pero queremos o compromiso de que esa obra está na folla de ruta do concello.
Ano electoral. Estamos nun ano marcado polas eleccións municipais, tódolos grupos políticos teñen por costume contactar coas asociacións e atender as demandas da veciñanza. Xa hai forzas que contactaron coa asociación para tratar os orzamentos municipáis do 2023, o cal é de agradecer. Para a nosa asociación este será un tema importante a tratar con tódalas forzas políticas que contacten:
-
Atender a petición da comunidade educativa do CEIP O Piñeiriño de que se faga posible a apertura da porta de entrada da rúa Adolfo Pedrido Morla.
-
Compromiso de mellora das beirarrúas da costa de Adolfo Pedrido Morla, facer máis seguro o acceso ao colexio e ás instalacións deportivas.
Asociación Veciñal Breogán