Antón Roel Villanueva
No tempo dos estorniños
Despois dun disputado partido de futbol entre os barrios do Gorgullón e Virxe do Camiño iamonos bañar no rio dos Gafos e lembro que Moncho Hermida sempre nos decia que o seu pai, que era membro da Banda de Musica, dicialle que as augas do río eran máxicas e ao bañarnos nelas facíannos inmortais. Logo, nun prado tumbados a secar na herba cara o sol, viamos o espectáculo único nun ceo de cor laranxa dos debuxos efémeros que facian no seu voo os estorniños para nós coa compaña de cabaliños do demo, donaciñas da sorte a bolboretas nos dourados días da infancia.
Na varanda da ponte de pedra que facía de fronteira dos barrios, cando pasaba o tren, barallabamos o noso futuro. Moncho adicouse con entusiasmo á docencia, tamén foi preso por defender as liberdades, sempre comprometido nas loitas obreiras na Defensa da Ría no Non á Guerra, no Nunca Máis e en todas as loitas polas liberdades, sempre a caròn dos máis desfavorecidos, moi comprometido, argallando actividades para o seu barrio recuperou as Fogueiras e os Maios, membro activo da asociacion de veciños do barrio xunto a outros artellou unha revista na cal escribiu un fermosísimo texto da súa infancia no barrio.
Xa no outono das nosas vidas, un día atopámonos en Campolongo sentados ca sombriza dunha Acacia de Costantinopla da que dicía que era a árbore máis fermosa cando florecía. Repasamos historias de antano e lembraba con tristura cando non fomos quen de salvar a cheminea da Curtidoira, que foi o faro que alomenos na infancia, agardaba ver o noso río destapado e o traslado de Celulosas, alegrábase da melloría dos nosos barrios e agadaba que chegara a xubilación e poder viaxar e voar ceibe como os estorniños.
Un Deus vengativo tivo ciumes de ti e levoute moi cedo, se cadra o río sacounos a inmortalidade cando non fomos quen de impedir que o taparan. Foi buscarte ao teu derradeiro fogar, unha Residencia a caròn do Magnolio da Casa do Arco onde tiñan fogar e aniñaban noutro tempo os estorniños da nosa infancia e baixaban os paxariños de crías a xogar entre as ramas das Catalpas enchendo coa melodia dos seus trinos a Praza da Verdura.
Deixáchenos moi cedo co remordemento de non terte feito unha homenaxe que ben tiñas merecida. Deixámoste moi só como fixemos cos estorniños, lembro que me dicías que fomos quen de protexer o lobo e deixamos externinar uns paxariños pequenos que non facían mal ningún e estaban aí antes que nós e tanta compaña nos fixeron na infancia. Oxalá onde esteas deixen voar os estorniños e poidas gozar da súa compaña e dos seus acrobáticos voos.