Tribuna Viva
Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa 'Combarro'
A Xunta Directiva na reunión celebrada o dia 14 de Decembro ven de analizar a situación interna da asociación xa que dende o inicio da pandemia está "en funcións" por falta de relevo, e considera que non se pode prolongar por mais tempo. Nos últimos anos intervimos en varios dos graves problemas que ten a Parroquia de Combarro, como por exemplo participando activamente cas alegacións o proxecto de mellora da PO 308 (Fontenla-Combarro), do Camiño Real, Camiño do Souto, na Sanidade, na Educación (Colexio Chancelas), defensa no Concello do Patrimonio Arqueolóxico, apoio a recuperación da Illa de Tambo, impulso o Consello Municipal de Participación Veciñal, outro Turismo e posible, apoio a Casa do Atenéo, etc.
Un dos males deste tempo e a pouca participación na vida asociativa, e a critica as institucións e colectivos organizados faise de forma individual nas redes sociais e nas tertulias de café, o cal amosa o noso xuizo unha eiva democrática tremenda, "sen participación non hái democracia".
Por todo elo, a Xunta Directiva, despois de 10 anos dende a creación da asociación, acorda dar un prazo de tres meses para que calquera socio/a, persoa ou persoas con interese, comuniquen a súa disposición a facerse cargo do futuro da Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa 'Combarro', ou pasado ese tempo, na convocatoria de asemblea do 2023, co punto de “Eleccións a Xunta Directiva”, de non darse a renovación, procederemos a súa disolución.
Moitas grazas pola atención prestada éstes anos.