Asociación galega de familiares e usuarios de residencias Vellez Digna
Vellez Digna reclama novamente a normalidade nas visitas as residencias
Nas residencias, ao amparo do "Protocolo conxunto da Consellería de Sanidade e da Consellería de Política Social para a etapa de transición na crise sanitaria provocada polo virus SARS CoV-2 (COVID-19) nas residencias de maiores e noutros centros sociosanitarios", están a cometer abusos contra os dereitos de familiares e usuarios, ao dificultar e limitar o dereito de visita:
Moitas non permiten visitas a fin de semana, outras non permiten máis que visitas de media hora, habendo xente que ten que desprazarse para esa visita desde Viveiro a Vigo case 3 horas de ida e outras 3 de volta.
Cada residencia, ante a ambigüidade do protocolo, fai o que lle dá a gana cos dereitos de familiares e residentes, empeorando a calidade de vida dos anciáns. Os familiares queren vistalos, pero as residencias o impíden, acotío só permiten visitas nos horarios laborais.
Tamén se denegan visitas alegando que está a "cota" chea, cando non é certo, co fin de ocultar que algo lle pasou ao interno, para castigar o familiar por poñer unha reclamación ou para que non se vexa a falla de persoal e o abandono reinante.
O número de visitas semanais tamén o decíden as residencias.
Nada disto faise por defendelos da Covid, senón para se vexa o que pasa e non se denuncie.
Tampouco se permite o acceso ás habitacións, así están a converter as residencias nunha sorte de cárceres, vulnerando cada vez máis dereitos, a día de hoxe, por estas limitacións. Moitos non poden gozar do contacto cos familiares. É urxente resolver este asunto porque o único que non lles queda é tempo.
Os familiares queremos ir ás residencias como antes, sen previo aviso, ver como están realmente, queremos acceder as habitacións e ver se teñen as súas pertenzas ou non, ter intimidade para examinalos se se queixan, xa que moitas veces son os familiares os que descobren as úlceras ou outras patoloxías.
Queremos ver canto persoal está a traballar, e ver en que condicións hixiénicas viven e como están a ser atendidos.
Todo iso cumprindo as mesmas prevencións que os coidadores que os visten e asean.
As restricións ás visitas son a única medida, que a administración e as residencias, cumpren estritamente, mesmo van máis alá do estipulado, mentres se permiten incumprir moitas outras prevencións dese mesmo protocolo, como a falla crónica de persoal especialmente o sanitario; falla de formación do persoal en prevención fronte a COVID ou non reforzan as medidas hixiénicas, algunhas mesmo teñen menos persoal de limpeza que antes da pandemia. Sen persoal non se poden aplicar as medidas de prevención da COVID.
O certo é que estamos ante unhas medidas tan dolorosas como ineficaces e a COVID segue entrando nas residencias, non polos familiares, senón por todos estes incumprimentos. A Xunta coñece esta situación e non actúa, dándoa por boa e castigando aos familiares e dependentes.
Illar os residentes da súa familia é unha forma máis de malos tratos, esta vez por conta da administración.
Non ten sentido que continúen estas restricións que non impiden a entrada da Covid, creemos que só parecen feitas para protexer as residencias, non aos anciáns.
Polo que reclamamos a volta inmediata á normalidade, a visitas sen restriccións e sen previo aviso e poder acceder as habitacións con normalidade.