Tribuna Viva
Carta ao Valedor do Pobo polas compañías eléctricas
As compañías eléctricas responsables da xestión dos encoros en Galicia están a utilizar de xeito indiscriminado as reservas hídricas nestas datas para a xeneración de enerxía eléctrica, provocando unha baixada nas reservas absolutamente inxustificada e todo isto a pesar de estarmos nunha época de elevadísima pluviosidade no país. Isto contrasta amplamente co que se está a prácticar noutras cuncas hidrógráficas onde están a tentar recuperar os niveis de auga embalsada, que na actualidade se atopan en mínimos, polo déficit hídrico acumulado ao longo dos últimos anos. Galicia non é allea a este problema de falta de precipitación, e inda que estes días está chovendo con certa intensidade, o uso abusivo dos recursos hídricos está a provocar que na provincia de Coruña con data do 29 de Novembro atopábanse as reservas a un 81% da súa capacidade con 292 hectómetros cúbicos almacenados e a dia 12 de Decembro atópanse a un 60% con 212 hm cúbicos, o que supón unha reducción de 80 hectómetros cúbicos en trece días. Con respecto á provincia de Ourense a diminución se cifra en 54 hectómetros cúbicos no mesmo periodo, atopandose as reservas hídricas a tan so un 52% da súa capacidade.
Esta utilización abusiva dos recursos hídricos, levounos durante o pasado outono a situcións criticas en algunhas cuncas, con perxuicios para a poboación, e mesmo algunhas empresas se viron afectadas polas restriccións. Mentras tanto, por este vaciado sistemático dos encoros para producir enerxía eléctrica, as empresas hidroelécticas foron multadas con 25.000€ pola Administración, por considerarse prácticas especulativas, que poñen en perigo a viabilidade dalguns encoros, pero que as hidroeléctricas pagan gustosamente estas multas tan baixas con respecto aos seus elevados beneficios.
Os recursos hídricos hai que utilizalos, como enerxías renovables que son, pero antepoñendo e garantido o suministro as poboacións, á agricultura, á gandeiría e ás empresas que os precisan, e non se pode esperar que a solución veña por parte de que as chuvias do inverno sexan moi xenerosas e os encoros se volvan a encher, unha e outra vez, e así paliar un problema que están a xerar as hidroeléctricas. Que pasará se nos vindeiros meses seguimos con déficit hídrico e encaramos unha primavera e un verán secos, coas reservas hídricas ao 60% ou 52%, como están neste momento, debido ao exceso de gasto na xeneración eléctrica? A resposta é que se lles volverán a multar, pagaran a pírrica multa e a poboación a sufrir de novo e a repetir eses momentos críticos pola falta de reservas de auga nos nosos encoros.Temos que destacar que no momento actual as revervas todavía se atopan moi por debaixo da media dos dez últimos anos por estas datas o que esixiría unha explotación máis racional dos recursos hídricos para a xeración eléctrica ata que se acaden os niveis suficientes para afrontar con garantías as vindeiras estacións, inda que ocurra un novo ciclo de sequía.
Por Iso solicito ao Valedor do Povo que se revisen as prácticas abusivas que se están a dar por parte das empresas explotadoras da enerxía hidroeléctrica e se lle poña fin a esas prácticas especulativas que non están a ocurrir en cuncas hidrográficas de outras comunidades, como se pode comprobar nos informes publicados en embalses.net.
Luis Alberto Samartin Biénzobas