Tribuna Viva
Queixas dunha paciente de Endocrinoloxía do Hospital Montecelo
Son diabética dende hai máis de vinte anos. Pouco menos da metade levo pedindo a bomba de insulina. Sempre foron oídos sordos, mentiras e escusas... "No te veo capacitada, es un trasto colgando, no eres candidata", cando eu ben sei que cumpro os requisitos.
Ademais, as últimas consultas no Hospital de Montecelo foron un asco porque chegaba a casa chorando. Facíanme ir a pasear a Montecelo, os informes médicos estaban a facelos como "corta y pega" porque hai cousas que a ninguén lle importan (ratios, turnos..) e, por riba, as faltas de respecto cara a miña persona: Dáme igual que ti sexas médico e eu non, pero a educación e a humildade é o que serven de cara a un paciente.
Estou indo a consultas só unha vez ao ano, cando me citan, en lugar de cada catro ou seis meses, como debería ser.
Moitas reclamacións e todas coa mesma cantinela... xa aburrides.
Se eu pido algo é para mellorar a miña calidade de vida.
Rocío Campos
Paciente de Endocrinoloxía no Hospital Montecelo