#IluminaPontevedra
Pontevedra non se resigna á escuridade e iluminará o Nadal dende as fiestras e balconadas
Os e as pontevedresas non se resignan á escuridade a que Lores e a súa concelleira Dasilva queren sumir a cidade e sumáronse á campaña "ILUMINA PONTEVEDRA" promovida polo sector do comercio e da hostalería.
Dende o sector do comercio e a hostalería poñen en marcha a campaña #ILUMINAPONTEVEDRA movidos polo apoio cidadá que recibiron nos últimos días.
Tras facerse público o malestar do sector por o atraso do acendido do alumeado de Nadal, as mostras de apoio da cidadanía sucedéronse ata o punto de querer ser partícipes neste acto de protesta contra unha decisión da Concelleira de festas , que entenden "insolidaria e arbitraria".
"Imos encher fiestras e balconadas de luz", afirma un comerciante da cidade. O que se pretende e animar a toda a cidadanía a acender Pontevedra coma se merece e asi celebrar coma o resto das cidade o inicio de Nadal.
Creen que Pontevedra e unha cidade alegre e non escura, que vive o nadal e o seu espírito e asi queren demostralo.
Pola súa banda o alcalde Lores manifestou onte en rolda de prensa que "o alumeado é algo simbólico" o que reflexa a un alcalde insolidario e moi afastado da realidade da cidade, xa que sen lugar a dúbidas este supón un revulsivo para o consumo, como se está a demostrar noutras cidades da contorna.
Dende o sector do comercio e hostaleiro móstranse moi decepcionados e animan á cidadanía a suplir esta carencia iluminando fachadas, escaparates, fiestras, balconadas e "todo lo que se lles ocorra" para demostrar entre todos e todas que Pontevedra brilla tamén en Nadal.
Intentaremos que todas as luces estén acendidas o 5 de decembro.
Fagamos UNIDOS, que a nosa cidade non se apague para sempre, manifestan e invitan a compartir en redes co hastag #iluminapontevedra