Tribuna Viva
"É de ben nacidos ser agradecidos"
Asociación de veciños San José de Campolongo
"É de ben nacidos ser agradecidos"
Alá polos anos 70 se leva a cabo a Urbanización de Campolongo, e entre as obras realizadas figura a colocación dunha serie de bancos de pedra para descanso e desfrute dos veciños e veciñas do barrio na zona do parque da Igrexa ou Parque da Constitución así como no trazado do Río Gafos.
Ditos bancos perduraron ata estas datas a pesar de que distintas xuntas directivas desta Asociación requiriron o seu cambio por outros modelos novos e actualizados aos tempos.
Pois ben, despois de soportar a desidia de vari@s concelleir@s de lexislaturas anteriores coa responsabilidade de atender este tema, e despois de 12 ou máis anos de reinvidicacións a Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural e o seu equipo cumpriu o compromiso adquirido fai uns meses de poñer bancos novos e realizar obras varias como adecentamento dos existentes e incluso supresión de pozas de auga coa colocación dunhas reixas de ferro no chan que facían difícil o acceso ao parque en épocas de choiva ou incluso de paso ata ximnasio, igrexa, etc etc.
Por todo o exposto anteriormente queremos desde esta Asociación facer público o agradecemento e o aplauso a dita Concellería por cumprir unha antiga reivindicación desta Asociación que supón un maior benestar e desfrute no barrio de Campolongo coa colocación destes bancos e pequeniñas obras realizadas no entorno do Parque da Igrexa ou Constitución.