Pedro J. Peón Estévez
Hai amores que matan. A Moura
- Bo día. Venho denuncia-la desaparición dunha persoa.
- Moi ben. Déame logo o seu DNI, os datos da persoa en cuestión e fágame unha breve descripción dela.
- É un amigo meu. Chámase Apolinar Cota, ten vinteseis anos, é un chisco máis alto ca min, moreno, pelo curto castanho claro e vestía vaqueiros, camiseta branca e cazadora de coiro negro. Soe calzar botas marróns, estudia aquí en Santiago pero ser é de Noia e é un pouco...
- Breve, dixen descripción breve. Cando foi que desapareceu ?
- Non lho sei con certeza.
- Vaia ! Dígame logo cando e onde o viu por última vez.
- Haberá xa dez días. Veume acompanhar á estación de Plasencia. Eu colhín o tren para Santiago e el ficou alá...
- Dez dias ! E como demorou tanto en vir denunciar ?
- Mandoume un correo antonte e non tiven máis novas del. Temo que lhe pasase algo terrible.
- Se aínda se comunicou antonte, coido que volverá facelo. Contestoulhe vostede ?
- Si, fíxeno onte por teléfono pero foi como se non existise...silencio absoluto.
- Será melhor que comece a contar polo principio. Que facían os dous en Plasencia ?
- Somos amigos desde nenos e de hai uns anos para acá imos uns días de acampada nas vacacións e esta vez tocou Extremadura: Guadalupe, Mérida, Trujillo, Monfragüe ...e, por último, Plasencia.
- Xa, siga.
- Non somos homosexuais, se é iso o que está a pensar...
- Por min como se son vostedes androides ! Venha; continúe.
- Nesa cidade saímos de bares pola noite. Entramos nun local un tanto especial, decorado coma a barraca dos horrores con esqueletes de plástico, máscaras africanas, totems, amuletos falsos e pósters de Cristopher Lee, Bela Lugosi, o monstro de Frankestein e outras pantasmas de Holliwood. Entre a clientela había un grupo de mozos deses que lhe chaman góticos, xa sabe; eses que tenhen aspecto de vampiros.
- Sei. Son un pouco raros pero non temos queixa deles. Soen portarse ben.
- Ben. Entramos e fumos pedir algo á barra. Poli estaba á minha esquerda e, pola dereita había unha rapaza bebendo algo por unha caveira. "Que é iso?"- pregunteille sinalando aquel cranio de plastico rixo - "Gintónic", contestoume divertida, e logo engadiu: " Que guapo tu amigo ! Está para comérselo " e despois foise cara á pequena pista onde bailaban os seus companheiros. A moza era realmente atractiva. Tinha un corpo ben prporcionado baixo un cinguido vestido negro con cinto da mesma cor. A saia cobríalhe os xeonlhos e o bordo dunhas botas altas -tamén negras- desas caras, de pel auténtica. Tinha as mans e a cara brancas coma as dunha difunta e o pelo solto caéndolhe polas costas coma unha fervenza dourada. Os beizos, unlhas e pálpebras era de cor violácea, o que lhe daba un lúgubre aire erótico. Bailaba con sinuosidade de serpe executando un arrandeo libidinoso ó compás dunha musiquinha electronica pseudo-oriental. Os olhos do meu amigo prenderon nela e xa non os puido apartar e menos cando eu lhe dixen o que ela pretendía facer con el.
- Abrevie un pouco e afórreme eses pormenores. Que pasou despois ?
- Pasadas duas horas saímos os dous daquel antro. Poli andaba aloulado como se fose a primeira vez que estivera cunha mulher. Pola manhá díxome que vinhese eu só para Galiza, pois a gótica seica o convidadra a conhecer a sua vila chamada Garganta de la Olla, na comarca da Vera ó pé da serra de Gredos e non lonxe de Plasencia...
- Seilhe moi ben onde se atopa a tal Garganta. A minha mulher é extremenha. Non sospeitou vostede algo ?
- Agora que o di, pareceume que unha gótica loira non era moi normal...
- Ai non ? En fin; a verdade e que non vexo eu a necesidade de por en marcha un dispositivo de busca polo de agora. Seguramente o seu companheiro estea a pasalo teta coa vampiresa...
- Xa, pero o contido da sua mensaxe dame que desconfiar..Mire, mandoume tres fotos feitas no mirador da Serrana de la Vera. A primeira é unha panorámica da vila Garganta de la Olla. A segunda é do monumento á Serrana, unha estatua en bronce dunha mulher guerreira cunha espada e unha perdiza penduradas do cinto e unha bésta sobre o ombreiro en plan Diana cazadora. A vestimenta e as faccións son idénticas ás da moza gótica e mesmo as suas proporcións corporais. A terceira foto é un primeiro plano do panel que hai na peanha do monumento onde fica escrita a romanza da Serrana de la Vera, que di así:
En Garganta de la Olla,
Siete léguas de Plasencia,
Habitaba una Serrana
Alta, rubia y sandunguera.
Con vara y media de pecho,
Cuarta y media de muñeca,
Con una trenza en el pelo
Que a los zancajos le llega
A uso de cazadora
Gasta falda a media pierna
Y en la cintura, correa
Y en el hombro la ballesta.
Cuando tiene gana de agua
Se baja pa la ribera,
Cuando tiene gana de hombre
Se sube a las altas peñas.
Pasa uno, pasan dos;
No ha pasado el que ella quiera.
Ha pasado un serranillo
Con una carga de leña
Y le agarró de la mano
Para llevarle a su cueva.
Ya llegaron a la cueva,
Le mandó cerrar la puerta
Y el serrano, muy astuto,
La dejó medio entreabierta.
Al entrar en su escondrijo
Vió un montón de calaveras
De hombres que había matado
Aquella terrible fiera.
Bebe, serranillo, bebe
Aquí desta calavera
Que puede ser que álgún día
Otros de la tuya beban.
Dime, serranillo, dime
¿ sabes tocar la vihuela ?
Si señora, si lo sé
Y el rabel si lo tuviera.
Tu tocarás el rabel
Y yo tocaré la vihuela.
Pensó dormir al serrano
Pero el la durmió a ella.
Apenas la vió dormida
Salió corriendo hacia fuera;
Pero pronto despertó
Aquella maldita fiera.
Mucho rato va corriendo
Sin atrás volver la cabeza,
Pero cuando la volvió
Mejor si no la volviera.
Vió de venir a la serrana
Saltando de piedra en piedra
Con la honda en la mano
Bramando como una fiera.
Puso una piedra en la honda
Que pesaba arroba y media
Y con la fuerza que lleva
Le ha quitado la montera.
Vuelve, serranillo, vuelve
Vuelve atrás por la montera
Que es de paño rico y fino
Y no es razón que se pierda.
Si es de paño rico y fino,
Así se estila en mi tierra;
Mis padres me compran otra
Y si no me estoy sin ella.
¡ Por Diós te pido serrano
Que no descubras mi cueva;
Que si acaso la descubres
Puede ser que en ella mueras !
¡ Tu padre será el caballo,
Tu madre será la yegua
Y tu serás el potrillo
Que relinche por la sierra !
- Vaites, vaites coa "moura papahomes", Que xénio !. Pódese crer nelas ou non pero HABER, HAINAS. E non só en Galiza, polo que se ve.