Tribuna Viva
Mobilización dos veciños do Camiño do Rego en Raxó
Os veciños do Camiño do Rego en Raxó, logo de 20 anos reclamando inútilmente una solución satisfactoria e definitiva, imos comezar, co respaldo da SCD Raxó, única entidade local que nos brinda o seu apoio, una campaña de sensibilización social tendente a solventar definitivamente a aberración cometida polo Concello de Poio en 2002.
Dita campaña constará de recollida de sinaturas recabando a solidariedade dos demáis veciños de Raxó, a edición de carteis e pancartas, sen descartar a posibilidade de recurrir a máis medidas de presión directamente perante a Corporación Municipal.
Como se lembrará, o PXOM publicado en outubro de 2000, deixou fora de ordenación un núcleo de casas histórico co fin de facilitar á especulación nunha parcela inferior ao Camiño do Rego, permitindo o desmonte da mesma e concedendo licenza de obra á firma PROMONOVA, actuacións contra as que recurrimos os veciños obtendo satisfacción ás nosas demandas por parte da APLU logo dun custoso contencioso.
Ante esta situación, a promotora renuncia a licenza de obra deixando o camiño no aire, sen máis protección que un mallazo de obra e mermado na súa anchura, quedándonos os veciños da parte superior do camiño sen a cobertura dos servizos máis básicos debido a estreitez do mesmo.
En vinte anos transcorridos dende a orixe do problema, o Concello de Poio, responsable político directo de tal situación, non amosou interese ningún por darlle una solución, desentendendose do deterioro inicial e progresivo do camiño e das casas colindantes co mesmo.
Compre aclarar que cando nos referimos ao Concello de Poio, estamos a sinalar directamente aos 4 grupos políticos da Corporación en pleno, sen excepción, oposición incluída, pois ningún deles amosou nunca sensibilidade pola situación que padecemos, sendo as notas de prensa un mero recurso testemuñal sen máis trascendencia legal nin efectiva por non entrar en conflicto cos sectores que eles representan nin con quen foi o redactor do Plan Xeral, destacado militante do Partido Popular. Estamos pois ante una nova manipulación demagoxica da que se nos quere facer obxeto.
En todo caso, a solución ao noso problema, non pasa por un mero “acondicionamento” como se suxire por parte da oposición municipal, denotando un descoñecimento total do tema. A solución pasa pola construcción dun muro de contención para o camiño e, se a propiedade do solar inferior ao mesmo é quen está imposibilitando á mesma, proceder á sua expropiación que, de paso, tería a virtualidade de contribuir ao tan demandado espazo público que Raxó necesita e que o PXOUM non é capaz de xerar. Neste senso, despois de dúas décadas, non cabe xa aducír custes económicos.
Raxó (Poio), 16 de setembro de 2022
Anxo Besada Pazos
Responsábel da Comisión veciñal da SCD Raxó e veciño afectado