Lina Garrido
A situación sanitaria de Cerdedo-Cotobade volta a ser máis preocupante
A situación sanitaria de Cerdedo-Cotobade volta a ser máis preocupante ao quedar o centro de Tenorio sen facultativo.
Por si era pouco a falta de facutaltivos no Pac Cerdedo, agora a maiores durante este mes de agosto un só médico dará cobertura os centros de Carballedo e Tenorio.
Os usuarios e usuarias do centro de saúde de Tenorio serán atendidos ou ben na Parda ou ben en Carballedo a 14 kilómetros de distancia e en dirección contraria en caso de unha urxencia (subir a Carballedo para voltar a Montecelo), ou ben en Pontevedra onde a saturación do centro da Parda e visible todos os días tanto en prensa como in situ.
Esta situación provocou que os que este martes acudían ao centro médico de Tenorio voltaron para as súas casa sen atender e outros marcharon á farmacia a autodiagnosticarse. Todos aqueles que buscaban solución a súa dor, receitas ou coller un parte de baixa voltaron aos seus domicilios e outros foron a urxencias, os que chamaban na procura dunha cita, recibían a información arriba mencionada.
En situación normal o centro de saúde de Carballedo é atendido por dous médicos, pero durante o período vacacional é un o que atende os dous cupos, dende hoxe pasará a cubrir tres ao ter que dar cobertura os pacientes do centro médico de Tenorio, é decir, si a saturación era evidente agora pasa a ser caótica.
A indignación fixo que moitos e moitas presentaran hoxe en rexistro as súas queixas xa que o panorama non pinta ben, tendo en conta que o Sergas non ten previsto cubrir as vacacións nin as baixas; o que leva a que a precarierade do sistema se multipleque e a falta de recursos humanos provoque unha situación de risco para a saúde en moitas ocasións.
Dende a Agrupación socialista pedimos na moción presentada no pleno da semana pasada, que se aprobara un acordo plenario solicitando ao Sergas a mellora da situación en Cerdedo e que se fixese extensible a Tenorio e a Carballedo, hoxe volvemos a pór de manifesto a precariedade da atención sanitaria nos tres centros existentes pero actualmente moi preocupante en Tenorio, e por suposto o malestar dos veciños e veciñas que unha vez máis vén mermados os servicios sanitario máis cercanos.