S.C.D. Raxó
Posición da SCD ante o peche do Consultorio de Raxó
A Sociedade Cultural Deportiva Raxó, quere amosar ante a opinión pública o seu rexeitamento e repulsa pola decisión da Xerencia do CHOP de pechar o Consultorio de Raxó en plena tempada estival.
Cando a poboación da nosa localidade se quintuplica, a Xunta de Galicia nun alarde antisocial e de desprezo absoluto hacia os pacientes da nosa localidade, moitos deles anciáns e, consecuentemente, coa súa capacidade de mobilidade reducida, notificou, via telefónica e sen aviso previo, no dia de hoxe dita medida que terá efectos inmediatos a partires de mañán mesmo, día 1 de xullo, e por un periodo mínimo de quince días, nos que os doentes quedan derivados ao Centro de Saúde de Anafáns, o máis alonxado da nosa parroquia, ao suprimirse no noso consultorio as consultas médicas, o servizo de enfermería, incluidas as consultas domiciliarias, así como todos as demáis prestación sanitarias, como analises, etc.
Para a SCD Raxó, esta medida adoptada de xeito tan sorpresivo como alevoso, ademáis de indicar o nivel de degradación da nosa sanidade pública impulsada polo goberno da Xunta de Galicia, supón un perigoso precedente para todo o Concello de Poio, polo que vimos de solicitar dos grupos políticos que compoñen o gobernó Municipal de Poio que se revitalice a Plataforma Local en defensa da Sanidade de Poio, así como a adopción de acións contundentes de resposta ante o temor máis que fundado de que nos atopemos ante una decisión definitiva.
De ser así, a resposta que esta entidade que suscribe será tamén proporcinada ao feito e anunciamos xa de antemán unha campaña de belixerancia total e absoluta contra quenes pretenden desmantelar o noso sistema publico de saúde para favorecer intereses espurios e non teñen a máis mínima consideración hacia a nosa poboación máis vulnerable.
Raxó a 30 de xuño de 2022.
Asdo.: Carme Portela Carballa
Presidenta da SCD Raxó