Galicia, Mellor Sen Touradas
La microferia taurina de Pontevedra huele a naftalina
A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas cre que as corridas de touros están fóra das demandas da cidadanía de Pontevedra comparando a súa presentación co "cheiro a naftalina" que desprenden os seus promotores, situados completamente noutra Época.
Os abolicionistas sinalan que tras dous anos sen tauromaquia na localidade non existiu nin unha soa demanda real de retorno, reducíndose o seu apoio a unha ínfima porcentaxe de pontevedresas e pontevedreses que en ningún caso representan ao sentir xeral do municipio.
Deste xeito non existiron reclamacións ás administracións públicas sobre a urxencia dunha suposta volta das corridas de touros a Pontevedra e o recinto permaneceu practicamente abandonado, un reflexo do que os seus donos preocúpanse pola cidade, aínda que logo pretendan facer crer o contrario durante as súas roldas de prensa.
Neste sentido Galicia, Mellor Sen Touradas explica que a microferia taurina que se pretende impulsar para o mes de Agosto constata coa súa propia convocatoria que non existe un interese real pola tauromaquia nin en Pontevedra nin no conxunto de Galicia, dubidando que sexa un polo de atracción real de turismo de calidade a teor dos resultados dos seus últimos exercicios.
Ademais a plataforma animou ao Concello a abrir dunha vez por todas a vía da expropiación da praza de touros incidindo na infrautilización do espazo durante os dous últimos anos, mesmo cando xa se podían realizar eventos multitudinarios na comunidade.
Galicia, Mellor Sen Touradas