Tribuna Viva
Asociación de Canteiros de Poio: polémica coa escultura do Cristo da Guía
A Asociación Canteiros de Poio, quere manifestar a súa opinión con respecto a escultura do Cristo da Guía, promovida polo Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.
A polémica está centrada principalmente no gasto público de 84.000 euros para un proxecto relixioso, nos queremos matizar.
A Escola de Canteiros de Pontevedra é unha escola, polo tanto non pode actuar como aserradeiro industrial en función dos intereses políticos partidistas da Deputación e do Concello de Vigo. Esta escola segue sen ter unha HOMOLOGACIÓN, algo imprescindible para o futuro dos alumnos, pero que vemos que non interesa os políticos que dela se benefician e a dirección do centro.
Actualmente o ensino atopase paralizado xa que moitos Mestres non asisten a impartir as súas clases e non hai profesores substitutos.
Aínda que os alumnos soliciten a programación aos Mestres, eles non a amosan, xa que a saltan para que os alumnos só fagan encargos
Este tipo de irregularidades nunca acontecerían se o centro estivese homologado, e non se saltarían o seu antoxo un plan de estudios.
A escola esta exercendo unha competencia desleal, absorbendo a pouca escultura pública que se demanda.
Se a Escola de Canteiros quere facer este tipo de encargos se debe constituir como unha empresa, non coma unha escola.
Manuel e Javier. Representantes da Asociación de Canteiros de Poio